Activar o rexeite de teclas

Active o rexeite de teclas para ignorar as pulsacións de teclas repetidas rapidamente. Por exemplo, se ten tremores de mans que poden facer que pulse varias veces cando só quere pulsar unha, entón debería activar o rexeite de teclas.

  1. Go to the desktop and start typing Settings.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Accesibilidade na barra lateral para abrir o panel.

  4. Abra Asistencia de escritra (AccessX) na sección Escritura.

  5. Active Teclas pegañentas.

Activar e desactivar rapidamente o rexeite de teclas

Pode activar e desactivar o rexeite de teclas de forma rápida premendo na icona de accesibilidade desde a barra superior e seleccionando Rexeite de teclas. A tecla de accesibilidade é visíbel cando unha ou máis configuracións se activen desde o panel de Accesibilidade.

Use o deslizador Retardo de aceptación para cambiar o tempo que debe esperar o rexeite de teclas antes de rexistrar outra tecla premida despois da premida no primeiro lugar. Seleccione Pitar ao rexeitar unha tecla se quere que o equipo emita un son cada vez que ignora unha tecla porque a pulsación produciuse demasiado pronto despois da pulsación da tecla anterior.