Activar as teclas pegañentas

As teclas persistentes permítenlle premer combinacións de teclas preméndoas tecla a tecla, no lugar de ter que manter premidas todas as teclas á vez. Por exemplo, a combinación Super+Tab serve para pasar dunha xanela a outra. Sen as teclas persistentes activadas tería que manter premida ámbalas dúas teclas ao mesmo tempo; coas teclas persistentes, pode premer a tecla Super, soltala e logo premer Tab para obter o mesmo resultado.

Pode querer activar as teclas persistentes se atopa dificultade para manter premidas varias teclas á vez.

  1. Go to the desktop and start typing Settings.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Accesibilidade na barra lateral para abrir o panel.

  4. Abra Asistencia de escritra (AccessX) na sección Escritura.

  5. Active Teclas pegañentas.

Activar e desactivar rapidamente as teclas lentas

Active Activar desde o teclado para activar ou desactivar as teclas persistentes usando o teclado. Cando esta opción está seleccionada pode premer a tecla Maiús inco veces seguidas para activar ou desactivar as teclas persistentes.

Tamén pode activar e desactivar as teclas persistentes premendo na icona de accesibilidade desde a barra superior e seleccionando Teclas persistentes. A icona de accesibilidade é visíbel cando unha ou máis preferencias foron activadas desde o panel de Accesibilidade.

Se preme dúas teclas á vez, pode facer que as teclas persistentes se desactiven temporalmente para introducir un atallo de teclado da forma habitual.

Por exemplo, se activa as teclas persistentes pero preme Super e Tab á vez, as teclas persistentes non esperarán a que prema outra tecla se tiña esta opción activada. Pola contra, si podería agardar se só preme unha tecla. Isto é útil se pode premer algúns atallos de teclado á vez (por exemplo, con teclas que estean xuntas), pero non outras.

Seleccione Desactivar se se premen as dúas teclas á vez para activar isto.

Pode facer que o seu computador emita un «pitido» cando empece a teclear un atallo de teclado coas teclas persistentes activadas. Isto é útil se quere que as teclas persistentes agarden que se teclee un atallo de teclado, de maneira que a seguinte pulsación interpretarase como parte dun atallo. Seleccione Pitar cando se presione unha tecla modificadora para activar isto.