Frecuencia das copias de seguranza

Cada canto tempo debe facer os respaldos dependerá do tipo de datos a respaldar. Por exemplo, se está executando un contorno de rede con datos críticos almacenados nos seus servidores, incluso as copias de seguranza cada noite poden non ser suficientes.

Por outra banda, se está respaldando datos no seu computador peraoal entón os respaldos cada hora son innecesarios. Pode que considere de axuda os seguintes puntos ao planificar un respaldo:

  • A cantidade de tempo que vostede pasa no seu computador.

  • Con que frecuencia e en que medida cambian os datos do seu equipo.

Se os datos que quere respaldar son de baixa prioridade ou suxeitos a poucos cambios, como música, correos electrónicos e fotos familiares, entón as copias de seguranza semanais ou incluso mensuais deberían ser suficientes. Porén, se pode ter unha auditoría de impostos, poden ser necesarias copias de seguranza máis frecuentes.

Como regra xeral, a cantidade de tempo entre cada respaldo non debería ser maior que a cantidade de tempo que vostede pode tardar en refacer calquera traballo perdido. Por exemplo, se tardar unha semana en reescribir os documentos perdidos é demasiado para vostede, debería facer unha copia de seguranza unha vez á semana.