Facer unha copia de seguranza dos seus ficheiros importantes

Respaldar os seus ficheiros significa, sen maís, facer unha copia de todos os seus ficheiros para a súa custodia. Isto faise en caso de que os ficheiros orixinais queden inutilizábeis en caso de perda ou deterioro. Esas copias poden usarse para restaurar os datos orixinais se se perderan. As copias deberían almacenarse nun dispositivo distinto ao dos ficheiros orixinais. Por exemplo, pode usar unha unidade USB, un disco duro externo, un CD/DVD ou un servizo externo.

A mellor maneira de respaldar os seus ficheiros é facelo regularmente e manter as copias fora do sitio e cifradas (se é posíbel).