Renomear un ficheiro ou cartafol

Ao igual que con outros xestos de ficheiros, pode usar Ficheiros para cambiar o nome dun ficheiro ou dun cartafol.

Renomear un ficheiro ou cartafol:

  1. Prema co botón dereito sobre un elemento e seleccione Renomear, ou seleccione o ficheiro e prema F2.

  2. Escriba o novo nome e prema Intro ou prema Renomear.

Tamén pode renomear un ficheiro desde a xanela de propiedades.

When you rename a file, only the first part of the name of the file is selected, not the file extension (the part after the last .). The extension normally denotes what type of file it is (for example, file.pdf is a PDF document), and you usually do not want to change that. If you need to change the extension as well, select the entire file name and change it.

Se lle cambia o nome de ficheiro incorrecto, ou asigna un nome equivocado ao nome, pode desfacer o renomeado. Para reverter esta acción inmediatamente, prema o botón de menú na barra de ferramentas e seleccione Desfacer renomeado, ou prema Ctrl+Z, para restaurar o nome.

Caracteres válidos para os nomes de ficheiro

Pode usar calquera carácter nos nomes de ficheiros, agás a barra inclinada /. Algúns dispositivos, porén, usan sistemas de ficheiros con máis restricións nos nomes de ficheiros. Polo que é recomendábel evitar os seguintes caracteres: |, \, ?, *, <, ", >, /.

Se nomea a un ficheiro cun . como primeiro carácter, o ficheiro estará oculto cando tente velo no xestor de ficheiros.

Problemas comúns

O nome xa está en uso

Non pode ter dous ficheiros ou cartafoles co mesmo nome no mesmo cartafol. Se ao cambiar o nome a un ficheiro tenta asignarlle un que xa existe no cartafol onde está traballando, o xestor de ficheiros non se llo permitirá.

Os nomes de ficheiros e cartafoles son sensíbeis a maiúsculas, polo que o nome Ficheiro.txtnon é o mesmo que FICHEIRO.txt. USar nomes diferentes como estes está permitido, pero non é recomendábel.

O nome do ficheiro é demasiado largo

Nalgúns sistemas de ficheiros, os nomes de ficheiros non poden ter máis de 255 caracteres. Este límite de 255 caracteres inclúe tanto o nome do ficheiro como a ruta do ficheiro (p.ex. /home/galego/Documentos/traballo/propostas-traballo/… ), polo que debería evitar nomes longos en ficheiros e cartafoles cando sexa posíbel.

A opción para renomear está en gris

Se a opción Renomear aparece en color gris, é que non ten os permisos necesarios para renomear o ficheiro. Debe ter coidado ao tratar de renomear estes ficheiros, xa que cambiar o nome a ficheiros protexidos pode causar problemas ou facer que o seu sistema se volva inestábel. Consulte a Estabelecer os permisos dun ficheiro para obter máis información.