Examinar ficheiros nun servidor ou compartición de rede

Pode conectarse a un servidor ou recurso en rede para examinalo e ver os ficheiros en dito servidor, como se estiveran no seu propio computador. Isto é unha forma fácil de descargar e subir ficheiros a internet, ou de compartir ficheiros con outras persoas na súa rede local.

To browse files over the network, open the Files application from the desktop, and click Other Locations in the sidebar. The file manager will find any computers on your local area network that advertise their ability to serve files. If you want to connect to a server on the internet, or if you do not see the computer you’re looking for, you can manually connect to a server by typing in its internet/network address.

Conectarse a un servidor de ficheiros

  1. No xestor de ficheiros, prema Outra localización desde a barra lateral.

  2. In Connect to Server, enter the address of the server, in the form of a URL. Details on supported URLs are listed below.

    Se xa se conectou a un servidor anteriormente, pode premer sobre el na lista Servidores recentes.

  3. Click Connect. The files on the server will be shown. You can browse the files just as you would for those on your own computer. The server will also be added to the sidebar so you can access it quickly in the future.

Escribindo URLs

Unha URL, ou un localizador de recurso uniforme, é un formado de enderezo que se refire a unha localización dun ficheiro nunha rede. O enderezo ten o seguinte formato:

esquema://nomedoservidor.exemplo.com/cartafol

O esquema especifica o protocolo ou tipo de servidor. A parte exemplo.com do enderezo é o denominado nome do dominio. Se se require un nome de usuario, escríbese antes do nome do servidor:

esquema://nomeusuario@nomedoservidor.exemplo.com/cartafol

Algúns esquemas requiren que se especifique un número de porto. Escríbao despois do nome do dominio:

esquema://nomedoservidor.exemplo.com:porto/cartafol

Embaixo móstranse algúns exemplos dos distintos tipos de servidor que se admiten.

Tipos de servidor

Pode conectarse a diferentes tipos de servidores. Algúns servidores son públicos, e permiten a calquera conectarse. Outros servidores requiren que inicie sesión cun nome de usuario e contrasinal.

Podería non ter permisos para levar a cabo certas accións en ficheiros do servidor. Por exemplo, en sitios FTP públicos, probabelmente non poida eliminar ficheiros.

O URL que escriba depende do protocolo que usa o servidor para exportar os seus ficheiros compartidos.

SSH

Se ten unha conta nunha shell segura nun servidor, pode conectarse a ela empregando este método. Algúns servidores web fornecen contas SSH aos membros para que poidan subir ficheiros de forma segura. Os servidores SSH sempre requiren que inicie a sesión.

Un URL de SSH típico seméllase a isto:

ssh://nomeusuario@nomedoservidor.exemplo.com/cartafol

Ao usar SSH, todos os datos que envía (incluíndo o contrasinal) van cifrados, polo que outros usuarios da súa rede non poderán velos.

FTP (con rexistro)

FTP é unha forma moi coñecida de intercambiar ficheiros na Internet. Xa que os datos non son cifrados en FTP, algúns servidores ofrecen acceso mediante SSH. Algúns servidores, pola contra, aínda permiten ou requiren que use FTP para subir e desargar ficheiros. Os sitios FTP con inicio de sesión normalmente permitirán eliminar e subir ficheiros.

Un URL de FTP típico seméllase a isto:

ftp://nomedeusuario@ftp.exemplo.gal/ruta/

FTP público

Os sitios que lle permiten descargar ficheiros en ocasións fornecerán un acceso FTP público ou anónimo. Estes servidores non requiren un nome de usuario e contrasinal, e normalmente non lle permitirán eliminar ou subir ficheiros.

Un URL de FTP anónimo típico seméllase a isto:

ftp://ftp.exemplo.gal/ruta/

Algúns sitios FTP anónimos requiren que inicie sesión con un nome de usuario público e un contrasinal, ou con un nome de usuario público empregando o seu enderezo de correo electrónico como o seu contrasinal. Para estes servidores, use o método FTP (con inicio de sesión), e use as credenciais especificadas no sitio FTP.

Compartido por Windows

Os computadores con Windows usan un protocolo privativo para compartir ficheiros nunha rede local. Os computadores nunha rede Windows a miúdo están agrupados en dominios para organizar e ter un control de acceso mellor. Se ten permisos nun computador remoto, pode conectarse a unha compartición de Windows desde o xestor de ficheiros.

Un URL de compartición de Windows típico seméllase a isto:

smb://nomedoservidor/Share

WebDAV e WebDAV seguro

Baseado no protocolo HTTP usando no web, WebDAV é usado en ocasións para compartir ficheiros nunha rede local e para almacenar ficheiros en internet. Se o servidor co que está conectando admite as conexións seguras, debería escoller esta opción. WebDAV seguro usa un cifrado SSL forte, polo que outros usuarios non poderán ver o seu contrasinal.

Un URL de WebDAV típico seméllase a isto:

dar://exemplo.nomededominio.gal/ruta

Compartición NFS

Os computadores UNIX tradicionalmente usan o protocolo Network File System para compartir ficheiros sobre a rede local. Con NFS, a seguridade basease nos UID do usuario que accede ao compartido, polo que non se precisan credenciais de autenticación ao conectarse.

Unha URL de compartición NFS seméllase a isto:

nfs://nomedoservidor/ruta