Simular o clic dereito do rato

Pode facer que, no lugar de premer o botón dereito do rato, baste con manter pulsado o botón esquerdo do rato durante un tempo para realizar a mesma acción. Isto resulta útil se ten dificultades para mover os dedos dunha man de forma individual, ou se o seu dispositivo apuntador ten un só botón.

  1. Go to the desktop and start typing Accessibility.

  2. Prema en Accesibilidade para abrir o panel.

  3. Abra Asistencia de clic na sección Apuntar e premer.

  4. Na xanela Asistencia ao clic, active Simular clic secundario.

Pode cambiar a duración da pulsación do botón esquerdo do rato antes de que se considere unha pulsación co botón dereito cambiando o atraso de aceptación.

Para premer co botón dereito do rato usando unha unha pulsación secundaria simulada, manteña premido o botón esquerdo do rato onde normalmente premería co botón dereito, despois sólteo. O punteiro encherase con unha cor diferente mentres mantén premido o botón esquerdo. Cando cambie a súa cor por completo, solte o botón para facer a pulsación dereita.

Algúns punteiros especiais, como os punteiros de redimensionado, non cambian a súa cor. Pode usar o clic secundario simulado como normalmente o fai, incluso se non ten un retorno visual do punteiro.

Se usa as Teclas do rato, isto tamén lle permitirá facer clic dereito premendo e mantendo a tecla 5 no seu teclado numérico.

Na vista xeral de Actividades sempre pode realizar unha pulsación longa para executar unha pulsación co botón dereito, incluso se esta característica está desactivada. A pulsación longa funciona de forma lixeiramente diferente na vista xeral: non ten que liberar o botón para realizar a pulsación co botón para realizar a pulsación co botón dereito.