Restaurar unha copia de seguranza

Se perdeu ou eliminou alguns dos seus ficheiros pero ten un respaldo dos mesmos, pode restauralos desde o respaldo:

  • Se quere restaurar o seu respaldo desde un dispositivo como un disco duro externo, unha unidade USB ou outro equipo da rede, pode copialos de novo ao seu equipo.

  • Se creou o seu respaldo usando unha aplicación de respaldo como Déjà Dup, recoméndase que use o mesma aplicación para restaurar o seu respaldo. Revise a axuda da aplicación do seu programa de respaldos: forneceralle instrucións específicas sobre como restaurar os seus ficheiros.