Cambiar a hora e data

Se a data e hora mostradas na barra superior son incorrectas, ou teñen o formato incorrecto, pode cambialas:

  1. Go to the desktop and start typing Settings.

  2. Prema en Preferencias.

  3. Prema en Data e hora na barra lateral para abrir o panel.

  4. Se activou Data e hora automática, a súa data e hora debería actualizarse automaticamente se conta con conexión a internet. Para actualizar a súa data e hora manualmente, desactíveo.

  5. Prema Data e hora, para axustar a data e hora.

  6. Pode cambiar o formato da hora mostrada seleccionando os formatos 24 horas ou AM/PM para o Formato da hora.

Tamén pode querer estabelecer o fuso horario manualmente.