Imprimir deseños de páxinas múltiples e a dobre cara

Pode imprimir en ámbalas caras de cada folla ou papel:

  1. Abra o diálogo de impresión premendo Ctrl+P.

  2. Vaia á lapela Configurar páxina da xanela de impresión e seleccione unha opción da lista despregábel Dobre cara. Se a opción está desactivada, entón non permite impresión a dobre cara.

    As impresoras manexan a impresión a dobre cara de diferentes maneiras. É boa idea experimentar coa súa impresora para ver como traballa.

  3. Tamén pode imprimir máis de unha páxina do documento por cada cara do papel. Use a opción Páxinas por cara para facer isto.

A dispoñibilidade destas opcións poden depender do tipo de impresora que teña, así como da aplicación que estea usando. Esta opción pode non estar sempre dispoñíbel.