Cambiar o seu contrasinal

É unha boa idea cambiar o seu contrasinal cada pouco tempo, especialmente se pensa que alguén sabe cal é o seu contrasinal.

Debe ter privilexios de administración para engadir contas de usuario.

  1. Go to the desktop and start typing Users.

  2. Prema en Usuarios para abrir o panel.

  3. Prema a etiqueta ····· ao carón de Contrasinal. Se está cambiando o contrasinal para outro usuario, primeiro debe Desbloquear o panel.

  4. Escriba o seu contrasinal actual, e logo o novo contrasinal. Escriba o seu novo contrasinal de novo no campo Comprobar o novo contrasinal.

    Pode premer na icona xerar un contrasinal para xerar automaticamente un contrasinal aleatorio.

  5. Prema Cambiar.

Asegúrese de que escolle un bo contrasinal. Isto axudaralle a manter a súa conta a salvo.

Cando actualice o seu contrasinal de inicio de sesión, actualizarase automaticamente o seu contrasinal de anel de chaves para que sexa o mesmo que o seu novo contrasinal de inicio de sesión.

Se esqueceu o seu contrasinal, calquera usuario cos privilexios de administración pode cambialo por vostede.