Como calibrar a miña impresora?

Hai dúas formas de calibrar un dispositivo de impresión:

  • Usando un fotoespectómetro como o Pantone ColorMunki

  • Descargando un ficheiro de referencia de impresión desde unha empresa de cor

Usar unha empresa de cor para xerar un perfil de impresora é a opción máis barata se ten un ou dous tipos de papel diferentes. Descargando o gráfico de referencia desde o sitio web da empresa, pode despois enviarlles a impresión nun sobre acolchado que eles analizaran, xerarán o perfil e enviaranlle un perfil ICC preciso.

Usar un dispositivo caro tal como ColorMunki só compensa se está perfilando un gran número de conxuntos de tinta ou tipos de papeis.

Se cambia o fornecedor de tinta, asegúrese de recalibrar a impresora!