Onde podo conseguir perfiles de cor?

A mellor forma de obter perfiles é xerándoos vostede mesmo, aínda que isto require un traballo inicial.

Moitos fabricantes fornecen perfiles de cor para os dispositivos, aínda que algunhas veces veñen en paquetes de controladores que pode precisar descargar e extraer para buscar os perfiles de cor.

Algúns fabricantes non fornecen perfiles precisos para o hardware e é mellor evitar estes perfiles. Unha boa suxestión é descargar o perfil e se a data de creación é maior que un ano antes da data na que comprou o dispositivo, entón é como un perfil de proba e é completamente inútil.

Para obter máis información sobre por que os perfiles fornecidos polos fabricantes son pero que inútiles, consulte a Porque teño que facer unha calibración por min mesmo?.