Xestionar os volumes e particións

A palabra volume úsase para describir un dispositivo de almacenamento, como un disco duro. Tamén se refire a parte do almacenamento nese dispositivo, xa que pode dividir o dispositivo en varias áreas. O computador fai accesíbel este almacenamento a través da súa sistema de ficheiros nun proceso que se denomina montaxe. Os volumes que poden montar son discos duros, unidades USB, DVD-RW, tarxetas SD e outros dispositivos. Se un volume está montado, pode ler (e posibelmente escribir) ficheiros nel.

A miúdo, un volume montado chámase partición, aínda que non son idénticos. Unha «partición» refírese a unha ou máis áreas físicas de almacenamento nunha soa unidade. Unha vez que a partición se montou, pódeselle chamar un volume. Pode pensar en volumes como o etiquetado, «escaparates» accesíbeis ao «cuarto trasteiro» funcional das particións e os dispositivos.

Ver e xestionar volumes e particións usando a Utilidade de discos

Pode comprobar e modificar os volumes de almacenamento coa Utilidade de discos.

  1. Go to the desktop and start Disks.

  2. Na lista de dispositivos da esquerda, atopara os discos duros, unidades de CD/DVD e outros dispositivos físicos. Prema no dispositivo que quere inspeccionar.

  3. O panel dereito fornece un desglose visual dos volumes e particións presentes no dispositivo seleccionado. Tamén contén unha variedade de ferramentas empregadas para manexar estes volumes.

    Teña coidado: é posíbel que borre completamente os datos do seu disco con estas utilidades.

É moi probábel que o seu computador teña cando menos unha partición primaria e unha única partición de intercambio. A partición de intercambio emprégaa o sistema operativo para a xestión de memoria, e móntase en raras ocasións. A partición primaria contén o sistema operativo, aplicacións, configuracións e ficheiros persoais. Estes ficheiros pódense distribuír entre varias particións por seguranza ou comodidade.

Unha partición primaria debe conter información que o seu computador precisa para iniciarse, ou arrincar. Por esta razón, a veces denomínaselle partición de arrinque, ou volume de arrinque. Para saber se un determinado volume é arrincábel, seleccione a partición e prema no botón de menú desde a barra de ferramentas baixo a lista de particións. Logo Logo prema en Editar partición… e olle as súas Bandeiras. Os medios externos, como as memorias USB ou os CD, tamén pode conter un volume arrincábel.