O ventilador do meu portátil está sempre xirando

Se o ventilador de refrixeración segue xirando, pode ser que sexa por que o hardware que controla o sistema de refrixeración do portátil non teña boa compatibilidade con Linux. Algúns portátiles precisan de software adicional para controlar os seus sistemas de refrixeración de forma eficiente, pero este software non está instalado (ou non está dispoñíbel en Linux) polo que os ventiladores estarán a máxima velocidade todo o tempo.

Neste caso, podería cambiar algunhas configuracións ou instalar software adicional que lle permita levar un control completo do seu ventilador. Por exemplo, vaiofand pode instalarse para controlar os ventiladores dalgúns portátiles Sony VAIO. Instalar este software pode ser un proceso un pouco técnico que dependerá moito do modelo e fabricante do seu portátil, polo que debe atopar axuda específica para o seu computador.

Tamén é posíbel que o seu portátil produza moito calor. Isto non significa necesariamente que estea sobrequentado. Pode ser que o ventilador estea en máxima velocidade todo o tempo para facer que o portátil permaneza refrixerado dabondo. Neste caso, vostede ten poucas opcións para facer que o ventilador reduza a súa velocidade. Podería axudar que merque algún accesorio de refrixeración adicional para o seu computador.