O meu computador non arrinca

Hai varias raźons polas que o seu computador non se acenderá. Este tema da unha breve descrición dalgunhas das posíbeis razóns.

Equipo non enchufado, batería sen carga ou cable solto

Asegúrese que os cables de enerxía do seu computador están enchufados firmemente e as tomas de enerxía están activadas. Asegúrese que o monitor está conectado e acendido. Se ten un portátil, conecte o cable do cargador (no caso de que teña pouca batería). Tamén pode comprobar se a batería está axustada correctamente no lugar (comprobe a outra parte do seu portátil) se é remprazábel.

Problema con un hardware do computador

Un compoñente do seu computador pode estar danado ou ser defectuoso. Se este é o caso, terá que conseguir reparar o seu computador. Os fallos máis comuúns son unha fonte de alimentación rota, compoñenentes instalados incorrectamente (por exemplo a memoria/RAM) e unha placa nai defectuosa.

O computador pita e logo apágase

Se o seu computador pita varias veces cando o acende e logo apágase (ou falla no inicio), pode indicar que detectou un problema. Estes pitidos coñécense normalmente como beep codes, e o patrón dos pitidos están pensados para darlle información do problema que ten o computador. Os distintos fabricantes usan diferentes códigos de pitidos, polo que terá que consultar o manual da súa placa base, ou levar a reparar o seu computador.

Os ventiladores do computador xiran pero non aparece nada na pantalla

O primeiro que verificar é que o seu monitor estea conectado e acendido.

Pode que este problem se deba a un fallo de hardware. Os ventiladores poden acenderse ao presionar o botón de acendido, pero pode que outras partes esenciais do sistema non se acendan correctamente. Neste caso leve o seu computador ao servicio técnico.