Iniciando Contactos por primeira vez

Ao executar Contactos por primeira vez, a xanela de Selección do caderno de enderezos abrirase.

Se ten contas en liña configuradas, mostraranse xunto á súa Axenda de enderezos local. Seleccione un elemento desde a lista e prema Seleccionar. Todos os contactos que cree gardaranse no caderno de enderezos que seleccione. Tamén pode ver e editar contactos noutros cadernos de enderezos.

Se non ten ningunha conta en liña configurada, prema Contas en liña para iniciar a configuración. Se non desexa configurar unha conta en liña por agora, prema Axenda de enderezos local.