O rato reacciona con atraso despois de comezar a traballar

Os ratos sen fíos e ópticos, así como as áreas táctiles dos portátiles, a miúdo precisan «espertarse» antes de comezar a funcionar. Póñense automaticamente en repouso cando non se están usando, para aforrar batería. Para espertar o seu rato ou a súa área táctil prema un botón do rato ou axíteo.