Estabelecer a impresora predeterminada

Se ten máis dunha impresora dispoñíbel, pode seleccionar a que será a súa impresora predeterminada. É posíbel que queira elixir a impresora que usa con máis frecuencia.

Necesita privilexios de administrador do sistema para estabelecer a impresora predeterminada.

  1. Go to the Desktop and start typing Printers.

  2. Prema Impresoras.

  3. Seleccione a impresora predeterminada da lista de impresoras dispoñíbeis.

  4. Prema Desbloquear na esquina superior dereita e escriba o seu contrasinal cando se lle pregunte.

  5. Seleccione a caixa de verificación Impresora por omisión.

Ao imprimir nunha aplicación, a impresora predeterminada emprégase automaticamente, a non ser que elixa unha impresora diferente.