Servizos en liña e aplicacións
En canto engada unha conta en liña, calquera aplicación poderá usar a conta para calquera dos servizos dispoñíbeis que non desactivara. Diferentes fornecedores fornecen distintos servizos. Esta páxina mostra os distintos servizos e algúns das aplicacións que os usan.
- Calendario
O servizo de Calendario permítelle ver, engadir e editar eventos nun calendario en liña. É usado por aplicacións como Calendario, Evolution e California.
- Conversas
O servizo de chat permítelle falar cos seus contactos en plataformas de mensaxaría instantánea populares. É usado pola aplicación Empathy.
- Contactos
O servizo de Contactos permítelle ver os detalles publicados dos seus contactos en varios servizos. É usado por aplicacións como Contactos e Evolution.
- Ficheiros
O servizo de Ficheiros engade unha localización de ficheiro remota, como se ten que engadir unha usando a funcionalidade Conectarse ao servidor nun xestor de ficheiros. Pode acceder a ficheiros remotos usndo o xestor de ficheiros, así como mediante os diálogos de abrir e gardar ficheiros nunha aplicación.
- Correo electrónico
O servizo de Correo permítelle enviar e recibir correo electrónico mediante un fornecedor de correo como Google. É usado por Evolution.
- Fotos
O servizo de Fotos permítelle ver as súas fotos en liña como as enviadas a Facebook. Pode ver as súas fotos usando a aplicación Fotos.
- Impresoras
O servizo de Impresoras permítelle enviar unha copia dun PDF a un fornecedor desde o diálogo de impresión de moitas aplicacións. O fornecedor pode fornecer servizos de impresión, ou pode servir como almacenamento do PDF, que pode descargalo e imprimilo máis tarde.