Engadir un reloxo do mundo
Use Reloxos para engadir as horas de outras cidades.
Isto require que Reloxos estea instalado no seu computador.
A maioría das distribucións veñen con Reloxos instalado por omisión. Se a súa non o ten, pode instalalo empregando o xestor de paquetes da súa distribución.
Para engadir un reloxo mundial:
Prema no reloxo desde a barra superior.
-
Prema a ligazón Engadir reloxo mundial… debaixo do calendario par iniciar Reloxos.
Se xa ten un ou máis reloxos do mundo, prema nun e iniciarase Reloxosks.
Na xanela Reloxos, prema no botón +, ou prema Ctrl+N para engadir unha nova cidade.
Comece escribindo o nome da cidade na busca.
Seleccione a cidade correcta ou a localización máis cercana padesde a lista.
Prema en Engadir para rematar de engadir a cidade.
Consulte a Axuda de Reloxos para obter maís información sobre as capacidades de Reloxos.