Que é un espazo de cor?
Un espazo de cor é un rango de cores definido. Os espazos de cores ben documentados inclúen sRGB, AdobeRGB e ProPhotoRGB.
O sistema visual humano non é un sensor RGB simple pero se pode aproximar como responde o ollo humano ao diagrama de cromaticidade CIE 1931 que mostra a resposta visual humana cunha forma de ferradura. Pode ver que na visión humana detéctanse moitos máis tons de verde que de azul ou vermello. Cun espazo de cor tricomático como o RGB, represéntanse cores no equipo usando tres valores, o que se restrinxe a codificar un triángulo de cores.
Usar modelos tales como o diagrama de cromaticidade CIE 1931 é unha enorme simplificación do sistema visual humano e as gamas reais exprésanse en 3D, no lugar de en proxeccións 2D. Unha proxección 2D dunha forma 3D pode levar a confusións, de tal forma que se quere ver a presentación 3D use a aplicación gcm-viewer.
Primeiro, mire ao sRGB, que é o menor espazo e que pode codificar o menor número de cores. É unha aproximación dunha pantalla CRT de 10 anos de antigüidade e a maioría dos monitores modernos poden mostrar moitas máis cores que estas. sRGB é un estándar do menor-denominador-común e úsase nun gran número de aplicacións (incluíndo Internet).
AdobeRGB úsase frecuentemente como un espazo de edición. Pode codificar máis cores que sRGB, o que significa que pode axustar as cores nunha fotografía sen preocuparse de que o brillo dos cores se corte ou os negros se pisen.
ProPHoto é o maior sitio dispoñíbel e úsase frecuentemente para arquivar documentos. Pode codificar case todo o rango de cores detectados polo ollo humano e incluso codificar que o ollo humano non pode detectar!
Agora, se ProPhoto é claramente mello, ¿por que non usalo para todo? A resposta ten que ver coa cuantización. Se só ten 8 bits (256 niveis) para codificar cada canle, entón un maior rango requerirá ter pasos máis grandes entre cada valor.
Pasos máis grandes significan un maior erro entre a cor capturada e a cor almacenado e para algúns cores é un gran problema. Resulta que as cores chave, como as cores da pel, son moi importantes e incluso pequenos erros farán que unha persoa non acostumada note que algo está mal na fotografía.
Por suposto, usar 16 bits para a imaxe fará que haxa máis niveis e un erro de cuantización moito máis pequeno, pero isto multiplica por dous o tamaño de cada ficheiro de imaxe. A maioría do contido existente hoxe en día ten 8bpp, é dicir, 8 bits por píxel.
O proceso de xestión de cor para converter dun espazo de cor a outro, onde o espazo de cor pódese definir ben nun espazo de cor sRGB ou un espazo de cor personalizado tal como é o do perfil do seu monitor ou a súa impresora.