Xestionar os volumes e particións
A palabra volume úsase para describir un dispositivo de almacenamento, como un disco duro. Tamén se refire a parte do almacenamento nese dispositivo, xa que pode dividir o dispositivo en varias áreas. O computador fai accesíbel este almacenamento a través da súa sistema de ficheiros nun proceso que se denomina montaxe. Os volumes que poden montar son discos duros, unidades USB, DVD-RW, tarxetas SD e outros dispositivos. Se un volume está montado, pode ler (e posibelmente escribir) ficheiros nel.
A miúdo, un volume montado chámase partición, aínda que non son idénticos. Unha «partición» refírese a unha ou máis áreas físicas de almacenamento nunha soa unidade. Unha vez que a partición se montou, pódeselle chamar un volume. Pode pensar en volumes como o etiquetado, «escaparates» accesíbeis ao «cuarto trasteiro» funcional das particións e os dispositivos.
Ver e xestionar volumes e particións usando a Utilidade de discos
Pode comprobar e modificar os volumes de almacenamento coa Utilidade de discos.
Go to the desktop and start Disks.
Na lista de dispositivos da esquerda, atopara os discos duros, unidades de CD/DVD e outros dispositivos físicos. Prema no dispositivo que quere inspeccionar.
-
O panel dereito fornece un desglose visual dos volumes e particións presentes no dispositivo seleccionado. Tamén contén unha variedade de ferramentas empregadas para manexar estes volumes.
Teña coidado: é posíbel que borre completamente os datos do seu disco con estas utilidades.
É moi probábel que o seu computador teña cando menos unha partición primaria e unha única partición de intercambio. A partición de intercambio emprégaa o sistema operativo para a xestión de memoria, e móntase en raras ocasións. A partición primaria contén o sistema operativo, aplicacións, configuracións e ficheiros persoais. Estes ficheiros pódense distribuír entre varias particións por seguranza ou comodidade.
Unha partición primaria debe conter información que o seu computador precisa para iniciarse, ou arrincar. Por esta razón, a veces denomínaselle partición de arrinque, ou volume de arrinque. Para saber se un determinado volume é arrincábel, seleccione a partición e prema no botón de menú desde a barra de ferramentas baixo a lista de particións. Logo Logo prema en Editar partición… e olle as súas Bandeiras. Os medios externos, como as memorias USB ou os CD, tamén pode conter un volume arrincábel.