Estabelecer o brillo da pantalla
Dependendo do seu hardware, pode cambiar o brillo da súa a pantalla para aforrar enerxía ou incrementar o brillo para facela máis lexíbel en condicións de moita luz ambiental.
Para cambiar o brillo da pantalla, prema o menú do sistema na parte dereita da barra superior e mova o control deslizante de volume ao valor que queira usar. O cambio aplicarase inmediatamente.
Moitos portátiles teñen teclados con teclas especiais para axustar o brillo. Estas teñen unha imaxe que parece un sol e están localizadas nas teclas de función na parte superior. Manteña premida a tecla Fn para usar estas teclas.
If your computer features an integrated light sensor, the screen brightness will automatically be adjusted for you. For more information, see Estabelecer o brillo automático.
É posíbel configurar o brillo da súa pantalla, tamén pode facer que se escureza a pantalla automaticamente para aforrar enerxía. Para obter máis información vexa Porqué a pantalla escurece logo duns segundos?.