Escribir ficheiro nun CD ou DVD

Pode poñer ficheiros nun disco en branco usando un aplicativo gravador de discos, como Brasero.

O disco non se gravou correctamente

A veces o computador non grava correctamente os datos e non poderá ver os ficheiros que puxo no disco cando o introduza no seu computador.

Neste caso, pode gravar de novo o disco usando unha velocidade de gravación máis lenta; por exemplo 12x no lugar de 48x. Gravar a velocidades máis lentas é máis fiábel.