Preferencias do comportamento do xestor de ficheiros

You can control whether you single-click or double-click files, how executable text files are handled, and the trash behavior. Click the menu button in the top-right corner of the window, select Preferences, then go to the General section.

Comportamento

Acción para abrir elementos

Por omisión, ao premer selecciónanse ficheiros e ao facer dobre clic sobre eles ábrense. Tamén pode escoller se quere que os ficheiros e cartafoles se abran con un só clic. Cando está no modo dun só clic, pode manter a tecla Ctrl mentres preme para seleccionar un ou máis ficheiros.

Ficheiros de texto executábeis

Un ficheiro de texto executábel é un ficheiro que contén un programa que pode iniciarse (executarse). Os permisos do ficheiro deben tamén permitirlle facelo para executalo como un programa. O máis común son scripts de Shell, Python e Perl. Os cales teñen as extensións .sh, .py e .pl, respectivamente.

Os ficheiros de texto executábeis tamén chámanse scripts. Todos os scripts no cartafol ~/.local/share/nautilus/scripts aparecerán no menú contextual para os ficheiros baixo o submenú Scripts. Cando se executa un script desde un cartafol local, todos os ficheiros seleccionados pegaranse ao script como parámetros. Para executar un script nun ficheiro:

  1. Navegue ao cartafol desexado.

  2. Seleccione o ficheiro desexado.

  3. Prema co botón dereito sobre o ficheiro para abrir o menú contextual e seleccione o script desexado para executar desde o menú Scripts.

Non se lle pasarán parámetros a un script cando se execute desde un cartafol remoto como un cartafol web ou contido ftp.