Preferencias das columnas na lista de ficheiros
There are several columns of information that you can display in the Files list view. Right-click a column header and select or deselect which columns should be visible.
- Nome
-
O nome dos cartafoles e ficheiros.
A columna Nome non se pode ocultar.
- Tamaño
O tamaño do cartafol fornécese como o número de elementos que conten o cartafol. O tamaño dun ficheiro fornécese en bytes, KB ou MB.
- Tipo
Mostrado como cartafol, o tipo de ficheiro como documento PDF, imaxe JPEG, son MP3, etcétera.
- Modificado
Dálle a data da última vez que o ficheiro foi modificado.
- Propietario
O nome do usuario propietario do cartafol ou ficheiro.
- Grupo
O grupo ao que pertence o ficheiro. Cada usuario está normalmente no seu propio grupo, pero é posíbel ter varios usuarios nun grupo. Por exemplo, cada departamento pode ter o seu propio grupo nun ambiente de traballo.
- Permiso
-
Mostra os permisos de acceso do ficheiro. P.ex. drwxrw-r--
O primeiro carácter é o tipo de ficheiro. - significa ficheiro normal e d significa directorio (cartafol). En casos raros poden mostrarse outros caracteres.
Os seguintes tres caracteres rwx especifican os permisos para o usuario privativo do ficheiro.
Os seguintes tres rw- especifican os permisos para todos os membros do grupo ao que pertence o ficheiro.
Os últimos tres caracteres da columna r-- especifican os permisos para todos os usuarios no sistema.
Cada permiso ten os seguintes significados:
r: rexíbel, o que significa que pode abrir o ficheiro ou cartafol
w: escribíbel, o que significa que pode gardar cambios nel
x: executábel, o que significa que pode executalo se é un programa ou ficheiro de script, ou que pode acceder aos subcartafoles e ficheiros se é un cartafol
-: permiso non estabelecido
- Tipo MIME
Mostra o tipo MIME do elemento.
- Localización
A ruta á localización do ficheiro.
- Modificado — Hora
Dálle a data e hora da última vez que o ficheiro foi modificado.
- Accedido
Dálle a data e hora na que se modifou o ficheiro por última vez.