Por que teño menor tempo de batería que o que tiña en Windows/Mac OS?
Algúns computadores parecen ter unha duración menor da batería funcionando baixo GNU/Linux que a que teñen cando funcionan con Windows ou Mac OS. Unha razón é que os fabricantes instalan algún software especial para Windows/Mac OS que optimiza varias configuracións de hardware/software para un modelo de computador en especial. Istos axustes son xeralmente moi específicos e poden non estar documentados, por iso incluilos en GNU/Linux é moi difícil.
Desafortunadamente, non hai unha forma doada de aplicar estes axustes por si mesmo sen saber exactamente que hai. Pode atopar que usando algún método de aforro de enerxía lle pode axudar. Se o seu computador ten un procesador con velocidade variábel podería ser útil cambiar as súas configuracións.
Outra razón posíbel é que o método de estimar o tempo de batería é diferente en Windows/Mac OS que en Linux. A duración real da batería pode ser a mesma, pero os métodos distintos ofrecen estimacións distintas.