Imprimir un pasquín nunha impresora de dobre cara
Pode facer folletos pregados (como un pequeno libro ou pasquín) mediante a impresión de páxinas dun documento nunha orde especial e cambiando un par de opcións de impresión.
Estas instrucións son para imprimir un pasquín a partires dun documento PDF.
Se ten que imprimir un pasquín desde un documento de LibreOffice, primeiro expórteo a PDF escollendo Ficheiro ▸ Exportar como PDF…. As páxinas do seu documento precisan ser un múltiplo de 4 (4, 8, 12, 16,…). Polo que podería ter que engadir 3 páxinas en branco.
Para imprimir un pasquín:
Abra o diálogo de impresora. Isto pode facerse normalmente mediante Imprimir no menú ou usando o atallo de teclado Ctrl+P.
-
Prema sobre o botón Propiedades…
Na lista despregábel Orientación, asegúrese que Apaisado está seleccionado.
Na lista despregábelDuplex, seleccione Bordo curto.
Prema OK para volver ao diálogo de impresión.
Baixo Rango e copias, seleccione Páxina.
-
Escriba os números das páxinas neste orde (n é o número total de páxinas, múltiplo de 4):
n, 1, 2, n-1, n-2, 3, 4, n-3, n-4, 5, 6, n-5, n-6, 7, 8, n-7, n-8, 9, 10, n-9, n-10, 11, 12, n-11…
Exemplos:
Pasquín de 4 páxinas: escriba 4,1,2,3
Pasquín de 8 páxinas: escriba 8,1,2,7,6,3,4,5
Pasquín de 20 páxinas: escriba 20,1,2,19,18,3,4,17,16,5,6,15,14,7,8,13,12,9,10,11
-
Seleccione a lapela Disposición de páxina.
No menú Disposición, elixa Pasquín.
Baixo Lados da páxina, no lista despregábel Incluír, seleccione Todas as páxinas.
Prema Imprimir.