Imprimir un pasquín nunha impresora dunha soa cara

Estas instrucións son para imprimir un pasquín a partires dun documento PDF.

Se ten que imprimir un pasquín desde un documento de LibreOffice, primeiro expórteo a PDF escollendo Ficheiro ▸ Exportar como PDF…. As páxinas do seu documento precisan ser un múltiplo de 4 (4, 8, 12, 16,…). Polo que podería ter que engadir 3 páxinas en branco.

Para imprimir:

  1. Abra o diálogo de impresora. Isto pode facerse normalmente mediante Imprimir no menú ou usando o atallo de teclado Ctrl+P.

  2. Prema sobre o botón Propiedades…

    Na lista despregábel Orientación, asegúrese que Apaisado está seleccionado.

    Prema OK para volver ao diálogo de impresión.

  3. Baixo Rango e copias, seleccione Páxina.

    Escriba os números das páxinas neste orde (n é o número total de páxinas, múltiplo de 4):

    n, 1, 2, n-1, n-2, 3, 4, n-3, n-4, 5, 6, n-5, n-6, 7, 8, n-7, n-8, 9, 10, n-9, n-10, 11, 12, n-11…

    …até que teña escrito tódalas páxinas.

    Exemplos:

    Pasquín de 4 páxinas: escriba 4,1,2,3

    Pasquín de 8 páxinas: escriba 8,1,2,7,6,3,4,5

    Pasquín de 12 páxinas: escriba 12,1,2,11,10,3,4,9,8,5,6,7

    Pasquín de 16 páxinas: escriba 16,1,2,15,14,3,4,13,12,5,6,11,10,7,8,9

    Pasquín de 20 páxinas: escriba 20,1,2,19,18,3,4,17,16,5,6,15,14,7,8,13,12,9,10,11

  4. Seleccione a lapela Disposición de páxina.

    No menú Disposición, elixa Pasquín.

    Baixo Lados de páxina, no lista despregábel Incluír seleccione Partes dianteias / páxinas á dereita.

  5. Prema Imprimir.

  6. Cando se impriman todas as páxinas déalles a volta e póñaas outra vez na impresora.

  7. Abra o diálogo de impresora. Isto pode facerse normalmente mediante Imprimir no menú ou usando o atallo de teclado Ctrl+P.

  8. Seleccione a lapela Disposición de páxina.

    Baixo Lados de páxina, no lista despregábel Incluír seleccione Partes traseiras / páxinas á esquerda.

  9. Prema Imprimir.