Maximizar e restaurar unha xanela
Pode maximizar unha xanela para que use todo o espazo libre no seu escritorio e desmaximizar unha xanela para restaurala ao seu tamaño normal. Tamén pode maximizar xanelas verticalmente ao longo dos lados dereito e esquerdo da pantalla, de tal forma que pode ver dúas xanelas á vez facilmente. Para obter máis detalles consulte a Xanelas en mosaico.
Para maximizar unha xanela, arrastre a barra de título e lévea á parte superior da pantalla ou simplemente prema dúas veces sobre a barra de título. Para maximizar unha xanela usando o teclado, manteña premida a tecla Super e prema ↑ ou Alt+F10.
Para restaurar unha xanela ao seu tamaño desmaximizado, arrástrea fóra dos bordos da pantalla. Se a xanela está completamente maximizada, pode premer dúas veces sobre a barra de título para restaurala. Tamén pode usar os mesmos atallos de teclado que usou para maximizar a xanela.
Manteña premida a tecla Super e arrastre a xanela a calquera parte para movela.