Participar para mellorar as traducións
A axuda de GNOME é traducida por unha comunidade de voluntarios de todo o mundo. Se quere participar está convidado.
Hai varios idiomas para os que se seguen precisando traducións.
Para comezar a traducir precisará crear unha conta e unirse ao equipo de tradución do seu idioma. Isto daralle a posibilidade de subir traducións novas.
Pode conversar cos tradutores de GNOME empregando o servidor de IRC de GNOME. As persoas da canle están espallados por todo o mundo, polo que poda que non obteña resposta de forma inmediata debido ás diferenzas de fuso de hora.
De forma alternativa, pode contactar co Equipo de internacionalización empregando a súa rolda de correo.