Enviar ficheiros a un dispositivo Bluetooth

Pode enviar ficheiros aos dispositivos Bluetooth conectados, tales como algúns teléfonos móbiles ou outros equipos. Algúns tipos de dispositivos non permiten a transferencia de ficheiros, ou tipos de ficheiros específicos. Pode enviar ficheiros usando a xanela de preferencias de Bluetooth.

Enviar ficheiros non funciona en dispositivos non compatíbeis como os iPhone.

  1. Go to the desktop and start typing Bluetooth.

  2. Prema Bluetooth no lateral dereito.

  3. Asegúrese que o Bluetooth está activado: o trocador da barra de título debería estar activado.

  4. Na lista de Dispositivos, seleccione o dispositivo ao que quere enviar ficheiros. Se o dispositivo desexado non se mostra como Conectado na lista, debe conectarse a él.

    Aparecerá un panel específico para o dispositivo externo.

  5. Prema Enviar ficheiros… e aparecerá un selector de ficheiros.

  6. Prema co botón dereito sobre o nome do ficheiro e seleccione Mover ao lixo.

    Para enviar máis dun ficheiro nun cartafol, manteña pulsado Ctrl ao seleccionar cada ficheiro.

  7. O propietario do dispositivo receptor normalmente ten que premer un botón para aceptar o ficheiro. Aparecerá un diálogo de Transferencia de ficheiros por Bluetooth que mostra unha barra de progreso. Prema Pechar cando se complete a transferencia.