Por que os perfiles de monitor predeterminados non teñen unha caducidade para a calibración?

O perfil de cor predeterminado para cada monitor xérase automaticamente baseándose nos datos EDID na pantalla, almacenados no chip de memoria dentro do monitor. Os datos EDID só lle dan unha instantánea das cores dispoñíbeis que o monitor é capaz de mostrar no momento da súa fabricación e non contén moita máis información de corrección de cor.

Obter un perfil do fabricante do monitor ou crear un perfil vostede mesmo fará que obteña unha corección de cor máis precisa.