Conectar o seu computador a outro dispositivo Bluetooth

Antes de poder usar un dispositivo Bluetooth como un rato ou uns auriculares, primeiro terá que conectalos ao equipo. A isto denomínaselle emparellar dispositivos Bluetooth.

  1. Go to the Desktop and start typing Bluetooth.

  2. Prema Bluetooth no lateral dereito.

  3. Asegúrese que Bluetooth está activado: o trocador da parte superior debería estar activo. Co panel aberto e o trocador activado, o seu computador comezará a buscar dispositivos.

  4. Faga que o outro dispositivo Bluetooth se poida descubrir ou que sexa visíbel e colóqueo a menos de 5-10 metros (menos de 16-33 pes) de seu computador.

  5. Prema no dispositivo desde a lista de Dispositivos. O panel para o dispositivo abrirase.

  6. Se é necesario, confirme o PIN no outro dispositivo. Agora, o dispositivo debería mostrarlle o PIN que ve na pantalla do seu equipo Confirme o PIN no dispositivo (pode ter que premer Emparellar ou Confirmar), e logo Confirmar no seu computador.

    Na maioría dos dispositivos, deberá completar a entrada en menos de 20 segundos, ou a conexión non se completará. Se parasa isto, volva á lista de dispositivos e comece de novo.

  7. A entrada para o dispositivo na lista de Dispositivos mostrará o estado Conectado.

  8. Para editar o dispitivo, prema sobre el desde a lista de Dispositivos. Verá un panel específico para o dispositivo. Podería mostrar opcións adicionais aplicábeis ao tipo de dispositivo ao que está conectado.

  9. Peche o panel en canto cambie as configuracións.

The Bluetooth icon on the taskbar

Cando un ou varios dispositivos Bluetooth están conectados, a icona de Bluetooth aparecerá no área de estado do sistema.