Comprobar os problemas do disco duro

Comprobar o disco duro

Os discos duros dispoñen dun verificador interno de saúde denominado SMART (Tecnoloxía de automonitorización, análise e informe, «Self-Monitoring, Analysis, and Reporting Technology»), o cal está continuamente buscando posíbeis problemas e pode avisarlle cando o disco estea a punto de fallar. Isto resulta útil para evitar futuras perdas de datos importantes.

Aínda que SMART execútase automaticamente, tamén pode comprobar a saúde do seu disco executando a aplicación Utilidade de discos:

Comprobe a saúde do seu disco usando a aplicación Discos

  1. Open Disks from the Desktop.

  2. Seleccione o disco duro que quere probar desde a lista de dispositivos de almacenamento. Mostrarase a información e estado dos discos.

  3. Prema no botón de menú e seleccoine Datos SMART e Autoproba…. A Valoración completatotal debería decir «O disco está ben».

  4. Vexa máis información baixo os Atributos de SMART, ou prema o botón Comezar autoproba para executar unha autoproba.

Que pasa se o disco non está san?

Incluso aínda que a Valoración completa indique que o disco non está san, non ten por que ser motivo de alarma. Porén, é mellor estar preparado con unha copia de respaldo para previr a perda de datos.

Se o estado dí «Pre-fail», o disco está razoabelmente san pero detectáronse signos de desgaste, o que significa que podería fallar nun futuro cercano. Se o seu disco duro (ou computador) ten uns cantos anos de antigüidade, é probábel que vexa esta mensaxe nalgunhas das comprobacións de saúde. Debería facer unha copia de respaldo dos seus ficheiros importantes con regularidade e comprobar periodicamente o estado do disco para ver se empeora.

Se empeora, pode querer levar o computador ou o disco duro a un profesional para un mellor análise ou reparación.