Simular o clic ao pasar por enriba
Pode premer ou arrastrar simplemente pousando o punteiro do seu rato sobre un control ou un obxecto na pantalla. É útil se ten dificultades para mover o rato e premer á vez. Este característica chámase clic ao enfocar ou pulsación ao pousarse.
Cando a Clic ao enfocar está activada pode mover o punteiro do seu rato sobre un control, deixar o rato e agardar un pouco até que o botón se prema automaticamente.
Go to the desktop and start typing Accessibility.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Abra Asistencia de clic na sección Apuntar e premer.
Active Clic ao enfocar.
Abrirase a xanela Tipo de pulsación ao pousarse, que estará enriba de todas as demais xanelas. Pode usala para elixir o tipo de pulsación que deberá aplicarse cando coloque o rato sobre un botón. Por exemplo, se selecciona Pulsación secundaria, o rato simulará unha pulsación co botón dereito cando coloque o punteiro sobre un botón durante uns poucos segundos.
Ao pasar o punteiro do rato sobre un botón e non moverse, pouco a pouco cambiará de cor. Unha vez totalmente cambiado de cor, o botón premerase.
Use o deslizador Retardo para controlar canto tempo debe manter o rato apuntando até clicar.
Non ten por que manter o rato perfectamente parado cando coloca o punteiro sobre un botón para premelo. O punteiro pódese mover un pouco e aínda así farase a pulsación pasado un tempo. En cambio se o move demasiado, non se producirá a pulsación.
Axuste a opción límite de movemento para cambiar canto pode moverse o punteiro e aínda así consideralo como pousado.