Accesibilidade
O escritorio GNOME inclúe tecnoloxías de asistencia para axudarlle aos usuarios con diversas deficiencias e necesidades especiais e para interactuar con dispositivos de asistencia comúns. Pode engadir un menú de accesibilidade á barra superior, fornecendo un acceso rápido a moitas das características de accesibilidade.
Deficiencias visuais
Cegueira
- Ler a pantalla — Use o lector de pantalla Orca para ler a interface de usuario.
- Ler a pantalla en Braille — Use o lector de pantalla Orca cun dispositivo Braille actualizábel.
Visión deficiente
- Ampliar o área da pantalla — Amplíe a súa pantalla para que sexa máis sinxelo ver as cousas.
- Axustar o contraste — Facer que as xanelas e os botóns da pantalla sexan máis (ou menos) vívidos, para que sexan máis fáciles de ver.
- Cambiar o tamaño do texto de pantalla — Usar tipos de letra máis grandes para facer que o texto sexa máis sinxelo ler.
- Facer que parpadee o cursor do teclado — Facer que o punto de inserción parpadee e controlar a velocidade do parpadeo.
Deficiencias auditivas
- Mostrar unha alerta visual na pantalla nos sons de alerta — Activar alertas visuais para iluminar a pantalla ou a xanela canso se reproduza un son de alerta.
Deficiencias motoras
Movemento do rato
- Axustar a velocidade do rato e do área táctil — Cambiar como se move de rápido o punteiro cando usa o rato ou a área táctil.
- Faga clic e mova o punteiro do rato usando o teclado numérico — Activar Teclas do rato para premer e mover o punteiro do rato co teclado numérico.
Facendo clic e arrastrando
- Axustar a velocidade do dobre clic — Controlar a velocidade de pulsación do botón do rato para efectuar unha pulsación dobre.
- Simular o clic ao pasar por enriba — A pulsación ao pousarse (pulsación ao posicionar o punteiro) permítelle premer mantendo o rato quieto.
- Simular o clic dereito do rato — Para realizar unha pulsación dereita, prema e manteña o botón esquerdo do rato.
Uso do teclado
- Activar as teclas lentas — Ter un retardo ao premer unha tecla e o tempo que tarda en aparecer na pantalla.
- Activar as teclas pegañentas — Premer combinacións de teclas de forma seguida no lugar de ter que manter todas as teclas premidas á vez.
- Activar o rexeite de teclas — Ignorar pulsacións rápidas da mesma tecla.
- Disposicións de teclado — Usar as aplicacións e escritorio sen un rato.
- Usar un teclado en pantalla — Usar un teclado en pantalla para introducir texto premendo botóns co rato ou unha pantalla táctil.
- Xestionar a pulsación de teclas repetidas — Facer que o teclado non repita as letras cando se manteña unha tecla premida, ou cambiar o retardo e a velocidade de repetición das teclas.