Activar as teclas lentas
Active as teclas lentas se quere que haxa un retardo entre a pulsación dunha tecla e a visualización desa letra na pantalla. Isto significa que terá que manter premida un pouco cada tecla que desexa teclear antes de que apareza. Use as teclas lentas se preme accidentalmente varias teclas á vez cando teclea, ou se lle resulta difícil premer a tecla axeitada no teclado a primeira vez.
Go to the desktop and start typing Settings.
Prema en Preferencias.
Prema en Accesibilidade na barra lateral para abrir o panel.
Abra Asistencia de escritra (AccessX) na sección Escritura.
Active Teclas lentas.
Activar e desactivar rapidamente as teclas lentas
Seleccione Activar desde o teclado para activar e desactivar as teclas lentas desde o teclado. Cando esta opción está seleccionada pode premer e manter premida a tecla Maíus durante oito segundos para activar ou desactivar as teclas lentas.
Pode activar e desactivar os teclas lentas de forma rápida premendo na icona de accesibilidade desde a barra superior e seleccionando Teclas lentas. A tecla de accesibilidade é visíbel cando unha ou máis configuracións se activen desde o panel de Accesibilidade.
Use o deslizador Retardo de aceptación para controlar canto tempo debe manter premida a tecla para que se rexistre. Consulte Activar o rexeite de teclas para obter máis información.
Pode facer que o seu equipo emita un son ao premer unha tecla, cando se acepta unha tecla ou ao rexeitar unha tecla porque non a mantivo premida suficiente tempo.