Mostrar unha alerta visual na pantalla nos sons de alerta
O seu computador reproducirá unha alerta sonora simple para certos tipos de mensaxes e eventos. Se cree que é molesto escoitar estes sons, pode facer que tanto a pantalla completa como a xanela actual pestanexen cando unha alerta de son se reproduza.
Isto pode ser útil se está nun ambiente onde precisa que o seu computador sexa silencioso, como nunha biblioteca. Vexa Seleccione ou desactive as alertas de son para aprender como silenciar as alertas de son e activar as alertas visuais.
Go to the desktop and start typing Accessibility.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Abra Alertas visuais e seleccione a lapela Audición.
Active Alertas visuais.
Seleccione se quere que a pantalla enteira ou só o título da xanela actual pestanexe.
Pode activar e desactivar rapidamente as alertas visuais premendo na icona de accesibilidade na barra superior e seleccionando Alertas visuais.