Que acontece cando suspendo o meu computador?

Cando suspenda o seu computador, pono a durmir. Todas as súas aplicacións e documentos permanecen abertos, pero a pantalla e outras partes do seu computador se apagan para forrar enerxía. O computador aínda permanece acendido, e continuará usando unha pequena cantidade de enerxía. Pode espertalo premendo unha tecla ou clicando co rato. Se isto non funciona, prema o botón de arrinque.

Algúns computadores teñen problemas de hardware o que significa que poden non ser capaces de suspender ou hibernar axeitadamente. É unha boa idea comprobar a suspensión no seu computador para ver se funciona ben antes de usala.

Garde sempre o seu traballo antes de suspender

Debe gardar todo o seu traballo antes de suspender o computador, só por se algo fora mal e as súas aplicacións e documentos abertos non se puideran recuperar ao acender o computador de novo.