Disposicións de teclado
Nesta páxina detállase a navegación co teclado para persoas que non poden usar un rato ou outro dispositivo apuntador, ou que quere usar o teclado o máis posíbel. Para ver os atallos de teclado, útiles para todos os usuarios, consulte a Atallos de teclado útiles no seu lugar.
SE non pode usar un dispositivo apuntado como un rato, pode controlar o punteiro do rato usando o teclado numérico do seu teclado. Consulte a Faga clic e mova o punteiro do rato usando o teclado numérico para obter máis detalles.
Navegar polas interfaces de usuario
Tabulador e Ctrl+Tab |
Mover o foco do teclado entre diferentes controis, Ctrl+Tab móveo entre grupos de controis, por exemplo dunha barra lateral ao contido principal. Ctrl+Tab tamén pode saír dun control que use Tab por si mesmo, como un área de texto. Manteña premida a tecla Maiús para mover o foco en orde inverso. |
Cursores |
Mover a selección entre elementos dun único control, ou entre un conxunto de controis relacionados. Use as teclas de frechas para dar o foco aos botóns, seleccionar elementos nunha vista de lista ou de iconas ou para seleccionar un botón de radio nun grupo. |
Ctrl+Teclas de frechas |
Na vista de lista ou de iconas, mover o foco do teclado a outro elemento sen cambiar o elemento que está seleccionado. |
Alt+F2 |
Na vista de lista ou de iconas, seleccionar todos os elementos desde o elemento seleccionado actualmente até o novo elemento co foco. Nalgunhas aplicacións, pode incrementar o tamaño do texto en calquera momento premendo Ctrl++. Para reducir o tamaño do texto prema Ctrl+-. |
Espacio |
Activar un elemento enfocado como un botón, caixa de verificación ou elemento de lista. |
Alt+Tab |
Na vista de lista ou de iconas, seleccionar ou deseleccionar o elemento co foco sen deseleccionar o resto de elementos. |
Alt |
Manteña premida a tecla Alt para mostrar os aceleradores: teclas subliñadas en elementos do menú, botóns e outros controis. Prema Alt+ a tecla subliñada para activar o control, como se premera sobre él. |
Esc |
Saír dun menú, xanela emerxente ou xanela de diálogo. |
F10 |
Abra o primeiro menú na barra de menú da xanela. Use as teclas de cursor para navegar polos menús. |
Super+F10 |
Abra o menú de aplicacións desde a barra superior. |
Maiús+F10 ou |
Mostra o menú contextual para a selección actual, como se premera co botón dereito. |
Ctrl+F10 |
No xestor de ficheiros, mostrar o menú contextual para o cartafol actual, como se premera co botón dereito sobre o fondo e non sobre un elemento. |
Ctrl+RePax e Ctrl+Av Páx |
Nunha interface con lapelas, cambiar á lapela da dereita ou esquerda. |
O escritorio
Alt+F1 ou o Tecla Super |
Cambiar entre a vista xeral de Actividades e o escritorio. Na vista xeral, comece a escribir para buscar instantaneamente as súas aplicacións, contactos e documentos. |
Super+Tab |
Trocar entre as xanelas de forma rápida. Manteña a tecla Maiús para facelo en orde inverso. |
Super+` |
Cambia entre xanelas do mesma aplicación, ou desde a aplicación seleccionado despois de Super+Tab. Este atallo de teclado usa ` nos teclados estadounidenses, onde a tecla ` está enriba da tecla Tab. En calquera outro teclado, o atallo úsase coa técla Super e a tecla enriba de Tab. |
Ctrl+Alt+Tab |
Enfocar o teclado na barra superior. Na vista de Actividades, troque o foco do teclado entre a barra superior, taboleiro, vista de xanelas, lista de aplicacións e campo de busca. Use as frechas para moverse. |
Super+RePáx e Super+Av Páx |
|
Alt+F6 |
Moverse entre as xanelas da mesma aplicación. Manteña premida a tecla Alt e prema F6 até que se realce a xanela que quere, e entón solte a tecla Alt. Isto é similar á característica Alt+`. |
Alt+Esc |
Agrupar xanelas en espazos de traballo distintos. |
Super+V |
Abrir a lista de notificacións Prema Esc para pechar. |
Calibración
Alt+F4 |
Pechar a xanela de configuración da rede. |
Alt+F5 ou Super+↓ |
Para restaurar unha xanela maximizada ao seu tamaño orixinal. Use Alt+F10 para maximizala. Alt+F10 maximiza e restaura. |
Alt+F7 |
Mover a xanela actual. Prema Alt+F7 e use as teclas de frechas para mover a xanela. Prema Intro para deixar de mover a xanela, ou Esc para devolvela á súa localización orixinal. |
Alt+F8 |
Redimensionar a xanela actual. Prema Alt+F8 e use as teclas de frechas para redimensionar a xanela. Prema Intro para deixar de redimensionar a xanela, ou Esc para devolvela ao seu tamaño orixinal. |
Maiús+Super+Av Páx e Maiús+Super+Av Páx |
|
Maiús+Super+← |
Mover a xanela actual ao monitor da esquerda. |
Maiús+Super+→ |
Mover a xanela actual ao monitor da dereita. |
Alt+F10 ou Super+↑ |
Maximizar unha xanela. Prema Alt+F10 para restaurar unha xanela maximizada ao seu tamaño orixinal. |
Super+H |
Minimizar unha xanela. |
Super+← |
Maximizar unha xanela ao longo da parte esquerda da pantalla. Prema outra vez para restaurar a xanela ao seu tamaño orixinal. Prema Super+→ para cambiar os lados. |
Super+→ |
Maximizar unha xanela ao longo da parte dereita da pantalla. Prema outra vez para restaurar a xanela ao seu tamaño orixinal. Prema Super+← para cambiar os lados. |
Alt+Espacio |
Mostrar o menú da xanela, como se premera co botón dereito sobre a barra de título. |